Homenaxe a Nicandro Ares Vázquez (1926-2017). Con motivo do centenario do seu nacemento, celebrouse no Museo Provincial de Lugo, institución da que foi membro da Xunta Reitora, unha xornada de homenaxe co obxecto de poñer en valor o seu legado científico na epigrafía, arqueoloxía e toponimia lucenses.
O encontro estivo coordinado pola directora do MPL, Aurelia Balseiro, e contou coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, e Mª Dolores Sánchez Palomino en representación da Real Academia Galega, institución da que era membro correspondente dende o ano 2006. A actividade consistiu nunha mesa redonda onde participaron Felipe Arias Vilas, exdirector xeral de Patrimonio Cultural; Enrique Montenegro Rúa, doctor en Prehistoria e Arqueoloxía; e Antón Santamarina Fernández, catedrático emérito da USC, membro da Real Academia Galega e coordinador do Seminario de Onomástica da RAG. Resultou unha xornada emotiva e ilustrativa na que se evocou a figura de Nicandro Ares como referente fundamental da nosa historia.







